lunes, 8 de febrero de 2010

INFORMACION DEL 2º VESPALACON


INFORMACION QUE NOS REMITE EL SCUTRECLÚ:


O vindeiro 21 de febreiro celébrase en Cuntis (Pontevedra) a Festa Gastronómica do Lacón con Grelos. Aproveitando a festa, os amigos do ScutreClú en colaboración coa Concellería de Cultura e o Concello de Cuntis, organizamos o II VESPALACÓN, concentración de Vespas e Lambrettas.

Xa sabedes, se tendes unha Vespa ou Lambretta do ano que sexa (haberá motos dos anos 50 e do século XXI) estades convidados a asistir á concentración.

O ano pasado fomos máis de un cento de amigos e amigos de amigos... e este ano contamos con todos vós igualmente! Agardamos mellorar todo o que era mellorable o ano pasado coa vosa axuda!

Coma sempre... A INSCRIPCIÓN É LIBRE e GRATUÍTA. Haberá unha pequena ruta pola zona con escolta e coche escoba, pincho intermedio (novidade fronte ó ano pasado!), agasallos para os clubes asistentes e sorteo para os participantes.

O que queira quedar a comer (que seguro que o corpo agradece algo quentiño despois do percorrido...) cos amigos e/ou a familia, únicamente terá que pagar a comida (lacón con grelos, filloas e viño), o prezo do menú son 10€.

Xa sabedes, se queredes sacar o scooter a relucir no mes de febreiro, en Cuntis recibiremos a todo quisque cos brazos abertos e un anaco de lacón.

¡¡Coma o ano pasado podes vir coa familia que hai actividades para todo o mundo dentro das actividades da festa!!
Para ampliar a información e consultar o programa da xuntanza e da festa: http://www.vespalacon.com

E para facer a preinscripción (para poder acotar o número de menús que hai que reservar) ou resolver calquera dúbida: info@vespalacon.com
¡¡Para axilizar a inscripción facilitaremos na páxina web ó longo desta semana o documento da inscripción, e o que o desexe xa o traia cuberto e firmado!!

Adxunto remitimos o cartel da xuntanza, por si lle queredes dar publicidade ou simplemente poñelo en coñecemento dos moteiros da vosa zona.

Unha aperta e gracias pola atención!

ScutreClú, organización do VespaLacón

No hay comentarios: